A próxima vez que sufras dunha molesta tose, toma estes consellos que che servirán mellor que calquera remedio de farmacia.
1. "Xarope" de mel para a tose.
Existe evidencia científica de que o mel pode ser efectivo no tratamento da tose e a garganta irritada. Podes tomala directamente ou, para mellores resultados, mesturar mel con aceite de coco e xugo de limón. Tamén podes tratar o vello remedio das avoas antes de durmir: un trago de whiskey ou coñac mesturado con mel.
2. Un baño quente.
Abre a auga quente, pecha as ventás e apaga calquera tipo de ventilador. O vapor pode ser o peor inimigo da tose; pero tamén o teu mellor aliado. O vapor traballa suavizando as vías respiratorias e afrouxando a conxestión nasal e as flemas na túa garganta e pulmóns. (Aínda que se sofres de asma, o vapor pode exacerbar a tose).
3. Té de pementa negra e mel.
Para a tose húmida podes probar un remedio de té de pementa e mel; dise que funciona porque a pementa estimula a circulación e o fluxo de flemas, e o mel é un alivio natural da tose. Utiliza unha culleriña de pementa fresca e dúas culleradas de mel nunha cunca, e logo énchea con auga fervendo. Tapa e deixa remollando por 15 minutos, coa e bebe. (Ollo, para as persoas que sofren de gastrite non se recomendo inxerir pementa de ningún tipo).
4. Té de tomiño.
En Alemaña, o tomiño é un tratamento contra a tose, as infeccións respiratorias e a bronquite aprobado oficialmente. As pequenas follas da herba conteñen un potente remedio que calma a tose e relaxa os músculos da traquea, ao tempo que reduce a inflamación. Podes facer té de tomiño remollando dúas culleradas de tomiño machucado nunha cunca de auga fervendo por dez minutos, e logo coar. Engadir mel e limón mellora o sabor e engade forza ao remedio.
5. Toma moitos líquidos.
Beber moitos líquidos, xa sexa calquera dos tés enlistados aquí ou auga simple, pode ser moi bo para aliviar a tose. Os fluídos axudan a adelgazar os mocos e mantén ás membranas húmidas, o cal axuda a reducir a tose.
6. Gotas para a tose.
As gotas de mentol para a tose adormecen a parte de atrás da garganta, o cal axuda a domesticar o reflexo da tose.
7. Chupa un limón.
Este remedio popular é realmente eficiente. Prepara a metade dun limón e engade sal e pementa, e despois chúpao.
8. Mesturas comerciais de té.
A maioría das tendas de saúde teñen unha variedade de tés para a tose. O té de cecimbre, de hisopo ou de flor de sauco, por exemplo, son moi bos para isto.
9. Xenxibre.
O xenxibre ten moitas propiedades, e utilizouse dende a antigüidade polas súas propiedades medicinais. Ten capacidades antistamínicase desconxestionantes. Podes facer un té de xenxibre engadindo 12 rebandas de xenxibre fresco nunha pota con tres cuncas de auga. Deixa ferver a lume lento por 20 minutos e retírao da calor. Cóao e engade unha cullerada de mel e espreme un limón. Próbao; se está moi picante engade máis auga.
10. Regalicia.
A raíz de regalicia (ou regalicia) foi utilizada dende hai séculos para tratar a tose. A regalicia pode axudar a suavizar as gargantas inflamadas ou irritadas para curar a tose. Podes chupar o pau de regalicia ou deixalo ferver por 20 minutos. Coalo, engadir unha cullerada de mel e un limón e beber.
Moi útil e interesante!
ResponderEliminar