xoves, 29 de maio de 2014

Non mais gretas nos beizos!

Pomada de cera e aceite de améndoas
Este é un remedio sinxelo e eficaz para deixar sedosos e atractivos os beizos que se agretaron. Envioumo unha amiga da Botica de Barcelona.
Ingredientes
Cera virxe de abellas
Aceite de améndoas
Preparación
Mesturar os dous ingredientes nun cazo ao lume e esperar a que a cera se desfaga e se mesture co aceite.
Uso
Esperar a que se arrefríe e se solidifique (tardará entre media hora e 1 hora) e aplicala na zona afectada antes de deitarse e ao erguerse.

1 comentario:

  1. muy bonito tatiii. un blog interesante donde podemos informarnos de muchas cosas

    ResponderEliminar