domingo, 1 de xuño de 2014

Tabaquismo

Viño de gabanceira
Este remedio está dedicado aos fumadores. Limpa os bronquios e reduce esas desagradables toses matutinas. A gabanceira contén gran cantidade de vitamina C, a salvia drena o sangue, a codia de carballo é expectorante, e o allo, antiséptico.
Ingredientes
50 gr de gabanceiras moídas
Un puñado de salvia
5 dentes de allo
Un puñado de codia de carballo
1 l de viño branco seco
Preparación
Poñemos ao lume o viño branco, e cando empeza a ferver, agregamos a gabanceira. A continuación engadimos a salvia e a codia de carballo e os dentes de allo.
Deixamos que ferva durante 15 minutos, ata que o viño se reduza á metade. Entón coámolo e o
vertemos nunha botella.

Uso
Un vasiño a diario antes das comidas durante 40 días.